Contacto: 981575760 - 619036187
parroquiafontinas@gmail.com
Contacto: 981575760 - 619036187
parroquiafontinas@gmail.com
A parroquia é COMUNIDADE, é SERVICIO, é CELEBRACIÓN, é TESTEMUÑA


Nesta sociedade onde hai tanta soedade, onde é tan importante sentirse integrado nun proxecto común, soñando e construindo xuntos unha sociedade máis humana, máis fraterna, máis samaritana, é mui importante vivir a nosa experiencia crénte, sintíndonos formando parte dunha Iglexa de COMUNIÓN, é dicir, de COMUNIDADE e ENCONTRO.
A parroquia é o lugar e o fogar próximo e aberto a todos para a iniciación cristiá. Para o encontro co Señor. Porque é un ámbito privilexiado e, en muitos casos, único para a educación na fe. Porque sigue sendo a realidade eclesial que entra en contacto con maior número de persoas. “A parroquia non é principalmente unha estructura, un territorio, un edificio; ela é familia, fraternidade animada polo Espírito, fraterna e acolledora, é hospital de campaña para curar feridas, é fonte onde todos poden acudir a buscar a auga da vida.
É muito máis que un centro de servicios relixiosos; pretende ser - queremos que sexa - una comunidade viva de créntes, aberta a todos, servidora de todos, desinteresada con todos. Non pretende dominar senon acoller, acompañar, servir.
Servidora de todos, sobre todo dos máis necesitados. O párroco non é a parroquia. A parroquia somos todos. A parroquia é unha comunidade de xente unida polo vínculo da fe, chamada a ser casa de todos e cousa de todos, portadora dunha Boa Nova: que Deus en Xesús fíxose historia con nós. É comunidade para celebrar unida: a vida, o amor, a dor, a morte, a compaixión, a búsqueda da xusticia…
A parroquia é COMUNIDADE, é SERVICIO, é CELEBRACIÓN e é TESTEMUÑA.
A nosa parroquia de Fontiñas é a historia dunha fe compartida, como unha carreira de relevos que leva vinte e sete anos en marcha, xeneración tras xeneración. Nesa carreira muitas persoas transparentaron unha fe profunda, viva. Impresiona pensar a herdanza que cada uno recibimos deles. És o quixemos reflexar nos carteis dos 25 años.
Pero a historia da parroquia de Fontiñas, continua. É unha realidade de cada un, pero, sobre todo, é unha tarefa de todos. De todas e de todos. Cada feligrés, cada tarefa realizada, cada servicio prestado, cada pequeno grupo, cada pequena comunidade son os creadores da gran comunidade.
No nos esquezamos: a parroquia é casa de todos e cousa de todos.


O Consello Pastoral Parroquial (CPP) é un órgano consultivo, presidido polo noso párroco e integrado por laicos.
O seu fin principal é a programación, animación, coordinación e revisión da acción pastoral dos distintos grupos que forman a parroquia, e debe representar a tódalas realidades que están convivindo na comunidade.
Non ten sentido unha organización parroquial que non teña en conta ós seus integrantes. De nada serve programar se non se coñecen as distintas realidades e necesidades que teñen tódolos que forman esta “casa de todos”. É tarefa do Consello animar á participación na vida da parroquia, sexa dunha maneira directa ou indirecta, e axudar na autocrítica para seguir medrando ó carón de Xesús.
Está constituido por unha representación de tódolos grupos integrados na parroquia, con xuntanzas mensuais abertas a todos.
O grupo de economía colabora na toma de decisións e xestión dos recursos precisos para o sostemento das necesidades da parroquia.
Elabora o resumo de ingresos e gastos que se expón para información pública de toda a comunidade cada ano.
Para desenvolver as distintas actividades da parroquia necesítanse espazos físicos que hai que coidar e manter. Precísase da colaboración de todas e todos, cada quen nas súas posibilidades. Elaborouse un tríptico informativo para tal fin.
A comunidade a conforman tódalas persoas que se achegan á parroquia, grupos integrantes e tódala xente que participa / colabora nas celebracións e eventos organizados, facendo posible que sexa "CASA e COUSA de todos".




Cáritas parroquial
Atención primaria os martes de 16:00 a 18:00, cada 15 días
Horarios
Misas
Atención
de 16:30 a 19:15 nos locais parroquiais
Contacto
Telfs: 981 57 57 60 – 619 036 187
parroquiafontinas@gmail.com
Rúa Estocolmo s/n
15707 Santiago de Compostela
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.