Contacto: 981575760 - 619036187
parroquiafontinas@gmail.com
Contacto: 981575760 - 619036187
parroquiafontinas@gmail.com
Corría o ano 1990 cando se iniciaron as obras da que é hoxe o noso barrio. Todo comenzou coa construcción do Instituto Antón Fraguas. Pouco a pouco fóronse construindo os bloques dos residentes. No ano 1992 comenzou a proxectarse o Centro Comercial de Área Central e a finais do ano na Diócese empezaron os primeiros movementos porque sabían que o barrio necesitaba unha Igrexa. Fíxose o proxecto básico do Complexo Parroquial. Adquiriuse o solar onde hoxe temos a nosa casa. O 27 de febrero de 1994 celebramos a primeira Eucaristía na Rúa Madrid. Fui unha celebración mui emotiva e esperanzadora, a parroquia estrenouse con unha gran participación de persoas que se sentían mui contentas e ilusionadas co proxecto de construir unha comunidade.
Dende o primeiro momento fumos mui ben acollidos no barrio e establecemos mui boas relacións coas distintas institucións que traballaban nél, o colexio, instituto, inter-idiomas, asistentas sociais… e un gran fruto das nosas reunións fui descubrir xuntos a necesidade dun centro para acoller as familias mono-parentais que eran tan numerosas no noso barrio e así naceu o Centro Abeiro que se convirtiu nun centro modelo a nivel de Galicia.
Dábamos os primeiros pasos e soñábamos con que a parroquia fose un espazo, unha casa de acollida, de cercanía ás persoas, onde valorásemos tódolo que cada uno é, pode e aporta á sociedade e á comunidade. Intentamos que as persoas se sintan queridas e importantes, descubrir xuntos que todos somos necesarios. Sempre quixemos facer nosas as palabras de Juan Pablo II y Benedicto XVI: “a parroquia debe ser a casa entre as casas dos veciños” e “a parroquia, fonte onde todos poidan ir a coller auga para saciar as distintas sedes que a persoa tén”.
Os nosos tres grandes pilares sempre foron: a formación, a caridade e a celebración.
Dende o primeiro momento naceu Cáritas Parroquial, con poucos medios, pero con muitas persoas que a tomaron e a toman a cargo mui responsablemente. Sempre co convencemento de que o máis importante non é “dar cousas” senon axudar ás persoas a tomar conciencia da súa dignidade e a súa responsabilidade. É unha tarefa ardua que require muita dedicación e tempo. Actualmente dase apoio a 64 familias en atención primaria e como complemento á súa formación ofréceselles un obradoiro de costura semanal e un obradoiro de cociña trimestral. Tamén organizáronse obradoiros de manualidades.
Ninguén ama o que descoñece, por iso a formación na nosa comunidade sempre ocupou un espazo mui importante e de modo mui particular as catequeses, de nenos, de xóvenes, de adultos e de maiores. A formación non só é a transmisión dunha doutrina, senon o compartir unha experiencia e unha vivencia crénte. O cura, o pai, a nai, o catequista ou o responsable do grupo de formación é, ante todo, un testemuño. “Hoxe sobran maestros e fan falla TESTEMUÑOS e se as palabras din algo, son as pronunciadas polo testemuño… que dicía Pablo VI.
Ó longo do noso camiño puxemos en marcha varios grupos que foron profundizando sobre diferentes temas bíblicos, os profetas, o Antigo Testamento, Xesús de Nazaret, as parábolas, os distintos evanxelistas, San Paulo, os Feitos dos Apóstoles…
Meditamos muito sobre a palabra de Deus porque temos o convencemento de que é a fonte que nutre a nosa vida cristiá.
Sempre puxemos muito coidado na celebración dos nosos sacramentos, facemos celebracións comunitarias do perdón, fixemos celebracións os domingos da unción de enfermos cun lugar relevante para os maiores en conexión cos nenos, as comunións e confirmacións son comunitarias e intentamos que os bautizos na medida do posible tamén sexan compartidos pola asemblea dominical, asistimos con muito gozo a matrimonios muitos deles de nenos que medraron na nosa parroquia e fixéronse xóvenes e adultos.
Pero “a Eucaristía é a fonte e cúmio da vida cristiá” que di o Concilio Vaticano II e para nós as eucaristías sempre foron grandes celebracións comunitarias que fomos tomando a cargo co noso sacerdote, axudando por turno os diferentes grupos na súa preparación, nelas encontrámonos, participamos e celebramos.
Os 25 años da nosa parroquia foron posibles porque houbo unha comunidade participativa, a través dos distintos grupos con tarefas específicas ou intervencións directas constantes ou puntuais nas actividades e responsabilidades que require. As aportacións van máis alá da nosa presenza, tempo e esforzos, tamén foron e son económicas, con alimentos, roupa, libros, materiais diversos, frores, automóviles e casas para actividades e un longo etcétera.
O Consello Pastoral Parroquial é un órgano constituido polos representantes dos diferentes grupos da parroquia que recollen as demandas, suxerencias, necesidades, reflexionan e axudan a elaboran respostas, animan e coordinan as diferentes tarefas e ós propios grupos, co que todos e todas estamos invitados a colaborar.
Os 25 años da parroquia de San Antonio de Fontiñas foron o resultado da confianza, do xeneroso compartir, das progresivas cesións de tarefas e responsabilidades por parte do noso sacerdote, Ricardo e os diferentes sacerdotes que con él colaboraron, facemos presentes a Donato e a Genaro, coa comunidade na tarefa de facer a Igrexa do noso tempo.






Cáritas parroquial
Atención primaria os martes de 16:00 a 18:00, cada 15 días
Horarios
Misas
Atención
de 16:30 a 19:15 nos locais parroquiais
Contacto
Telfs: 981 57 57 60 – 619 036 187
parroquiafontinas@gmail.com
Rúa Estocolmo s/n
15707 Santiago de Compostela
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.