Grupos da parroquia

Os grupos da parroquia xurden da necesidade de SERVICIO e ACCIÓN que demanda a comunidade: celebración dos ritos, reflexión persoal ou comunitaria, formación, tempos lúdicos, conservación do entorno... Para este fin foron creándose os grupos existentes, independentes entre sí, pero formando a súa vez unha unidade dentro da comunidade unidos polo Consello Pastoral Parroquial. 

Son a imaxe das distintas inquedanzas existentes na parroquia:

LITURXIA, CORO, COFRADÍA, LECER, ADULTOS I, ADULTOS II, ADULTOS III-XÓVENES, BÍBLIA, MAIORES, MULLERES, LIMPEZA-ORNAMENTACIÓN-MANTEMENTO-SACRISTÍA.

 

(pinchar no nome de cada grupo para ir ó grupo desexado)

 

 

 

Liturxia

O compromiso do grupo de Litúrxia centrase na dinamización das celebracións dominicais e nos momentos litúrxicos fortes. Unha colaboración que se fai presente a través da Palabra.

Colabora e coordina co párroco a preparación das celebracións cos distintos grupos de catequese e de adultos.

Coro

A función principal do coro nunha celebración é guiar e motivar a asemblea para que cante, participando activamente na celebración litúrxica. O coro serve como un instrumento para elevar a oración de toda a comunidade, acompañar os diferentes momentos da liturxia e realzar o canto do pobo de Deus. O canto fai comunidade, fai festa, é alabanza a Deus.

 

 

Cofradía de San Antonio

A cofradia de San Antonio nace como grupo da parroquia no ano 1998 coa finalidade de organizar a procesión no día da festa de San Antonio, asumindo tamén a programación da novena e diversas actividades e charlas. Coma un grupo máis da parroquia trata de dinamizar a vida nela, facendo da casa de Deus a casa de todos.

Lecer

O grupo de Lecer existe para dar resposta á necesidade de crear momentos e espazos de encontro na comunidade mediante actividades lúdicas ou celebracións festivas.

Faise cargo de organizar os xantares de Nadal e Fin de curso, a chocolatada de Pascua e as excursións que se programan.

 

Adultos I

Adultos que se xuntan periodicamente para encontrarse, compartir reflexivamente parte da súa vida, e celebrala no nome de Xesús.

O obxetivo é que o grupo axude a medrar en Vida, en Amor e en Alabanza a Deus Pai.

Porque, «cando dous ou máis están reunidos no meu nome, alí estou en medio deles» (Mt 18,20). Xúntanse cada quince días.
 

Adultos II

A través de encontros de oración, reflexión e de momentos para a convivencia, o grupo pretende ser unha pequena comunidade, un espazo onde compartir e celebrar a fe e a vida. Un lugar para participar e facerse presentes na vida parroquial.

Xúntanse unha vez ó mes.

Adultos III - Xóvenes

É un espazo para que os xóvenes-adultos cunha mesma preocupación de vida e fe poidan falar, reflexionar, orar, intercambiar as inquedanzas que lles poidan ir xurdindo nunha sociedade que só fomenta o individualismo e o ego.

Xúntanse unha vez ó mes.

Curso de Bíblia

O encontro bíblico axuda a fortalecer a fe a través dos inicios da Igrexa para: crecer no amor mutuo, compartir a Xesús cos demais, participar na parroquia e crecer na intimidade co Señor.

Xúntanse os segundos e cuartos xoves de mes, ás 20:00 nos locais parroquiais.

Maiores

Lugar de encontro para participar na dinamización da vida da parroquia. 

Participan no Coro das celebracións diarias e sábados pola tarde.

Mulleres

Traballan distintos materiais, lectura e reflexión de libros sobre importantes personaxes, así como mulleres ilustres e comprometidas. Organizan tamén tempos lúdicos (excursións, visitas museos..). Realizan distintas manualidades tecidas con la, compartindo o seu traballo co Albergue Xoán XXIII, a cociña económica, a residencia de San Marcos e Cáritas parroquial.

Xúntanse os luns cada quince días.

Limpeza, ornamentación, mantemento e sacristia

Este grupo coida que tódolos eventos da parroquia se celebren nun espazo digno, traballando polo benestar da comunidade. Son un apoio fundamental do noso párroco para que todo transcurra nun ambiente acolledor.

 

 

 

Cáritas parroquial

 

Atención primaria os martes de 16:00 a 18:00, cada 15 días

 

    Horarios

       

      Misas

  • luns a sábados 19:30
  • domingos 10:00 e 12:00
  • os xoves Exposición Santísimo 18:00

        Atención

       de 16:30 a 19:15 nos locais parroquiais

Contacto

 

Telfs: 981 57 57 60 – 619 036 187

parroquiafontinas@gmail.com

 

Rúa Estocolmo s/n 

15707 Santiago de Compostela

 

 

© Dereitos de autor. Tódolos dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.